A nosa historia
A empresa naceu en Cataluña en 2011 baixo o nome de CFT.SCP SLU. O seu creador, Iñaki Castiñeira Alemany, fundouna despois de varios anos traballando en avarías, altas e planta externa como empregado dunha compañía que se dedicaba a eses traballos na zona norte de Barcelona.
En 2018 xurdiu CITELFO SL, sendo el mesmo o socio maioritario. Continuou traballando na zona norte de Barcelona realizando traballos de planta externa, altas e avarías de monoclientes para compañías como ADAMO, COMMU ou ELECTRICA CENTELLES. Esta última creou unha rede do concello para levar fibra a todos os núcleos a través da súa rede propia de distribución eléctrica, levando a fibra ao 100% das zonas rurais. Nese momento, CITELFO contaba con 10 traballadores en rúa para realizar estes traballos.
Foi no ano 2018 cando xurdiu a posibilidade de entrar nun concurso dun fondo privado para construír e levar fibra a unha zona de España que non tivese tendido de fibra óptica. Debido á unión sentimental que Iñaki sempre mantivo con Galicia e sabendo a necesidade que existía nesta comunidade, presentouse como construtora para poder realizar os traballos de construción do tendido de fibra óptica, colocación de postes e montaxe de caixas terminais para así dar servizo a clientes de toda Galicia.
Este concurso paralizouse un pouco a principios de 2020 coa chegada da COVID, perdendo un pouco as esperanzas de que o proxecto saíse adiante. Foi a mediados de 2020 cando todo se retomou coa creación do fondo privado de REDE ABERTA, converténdose CITELFO na principal empresa construtora.
En novembro de 2020 comezaron as obras, iniciándose os traballos na comarca de Chantada con tan só 4 traballadores e dúas furgonetas. Os traballos de construción ampliáronse a diferentes comarcas das catro provincias galegas —Lugo, Ourense, A Coruña e Pontevedra— para as redes de REDE ABERTA e ADAMO. Tamén se realizan traballos de mantemento destas redes.
Aumentouse o cadro de persoal e a frota. En 2025 contaban con 23 traballadores propios e varias empresas contratadas que realizan traballos de planta externa, altas e avarías de monoclientes, e unha frota de 29 vehículos. En 2021, coa creación da compañía de telecomunicacións ATUAXANELA SL, Citelfo encargouse de realizar todas as altas e avarías de monoclientes da compañía nas 4 provincias galegas.
En 2022 comezouse a construción de novas instalacións de oficinas e almacén no POLÍGONO INDUSTRIAL OS ACIVROS de Chantada. Estas instalacións ampliáronse cunha nova parcela e a construción dunha nova nave lindeira á xa existente no ano 2024.